[Redditolavoro] Fw: Galiza: Solidariedade

CobasSindacatodiClasse cobasta at libero.it
Thu Nov 6 11:02:56 CET 2008




Galiza: Solidariedade


  Un xuíz estima que Margherita Calderazzi foi a “instigadora” desta mensaxe de protesta
  CIG-Servizos solidarízase cunha sindicalista e militante comunista italiana  
  CIG-Servizos quere trasladar a súa solidariedade e apoio a Margherita Calderazzi, sindicalista e militante comunista italiana, acusada recentemente  por ser a “instigadora” dunha pintada contra o patrón de “ILVA spa”, importante empresa de aceiro da cidade de Tarento. con demanda a pagar 100.000 euros
   
  Margherita Calderazzi é unha recoñecida e coraxosa militante do sindicalismo de clase italiano. Na actualidade é integrante da central Slai-Cobas per il sindacato di classe Calderazzi vén de ser demandada a pagar unha multa 100.000 euros por ter participado na loita contra a empresa de aceiro ILVA spa, (ex Italsider), na cidade de Tarento, provincia de Puglia, no sur do país.
  Esta importante factoría, do Grupo Riva, con aproximadamente 14.000 operarios e cun alto índice sinistralidade laboral, é considerada como unha das dez empresas máis contaminantes da UE.
  O empresario Emilio Riva acusou Calderazzi de ser a “instigadora” dunha grande pintada que o cualificaba de asasino. O xuíz Gastone De Vincentis, sen máis probas, condenouna a pagar esta multa delirante.
  Así mesmo, outros sindicalistas, noutras partes de Italia, están a ser acusados de pertencer a “asociacións subversivas” por rebelarse contra a explotación e as medidas reaccionarias do Goberno de Silvio Berlusconi, que é o executivo da grande patronal, fondamente antipopular, e que quere eliminar, entre outros aspectos, a sanidade e o ensino públicos.
  Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela





  correovermello noticias esta para servir a las masas populares en el conocimiento de las noticias de la Revolucion Proletaria Mundial 
  saudos vermellos / saludos rojos





-- 
Io utilizzo la versione gratuita di SPAMfighter. Siamo una comunità di 5,6 milioni di utenti che combattono lo spam. 
Sino ad ora
 ha rimosso 1664 mail spam. 
 Gli utenti paganti non hanno questo messaggio nelle loro email .
 Prova gratuitamente SPAMfighter qui:http://www.spamfighter.com/lit
-------------- next part --------------
An HTML attachment was scrubbed...
URL: http://riot.ecn.org/pipermail/redditolavoro/attachments/20081106/826210f8/attachment.html


More information about the Redditolavoro mailing list